Mouras e fairy women. O feminino extraordinario nas lendas galegas e irlandesas de tradición oral (Alba Rodríguez Saavedra)

SKU Y11F
€14.00
In stock
1
Product Details

O presente traballo aborda o estudo de dúas figuras senlleiras das tradicións orais galega e irlandesa, as mouras e as fairy ou fairy women, e as súas posibles variantes nas linguas respectivas. Mediante esta análise, trataremos a posible orixe común destas realidades, así como os paralelismos semánticos, sintácticos, estruturais e pragmáticos dos relatos que estes personaxes protagonizan. Neste punto, contrastaremos a validez para estas lendas das teorías sobre as funcións e as esferas de acción que Vladimir Propp propoñía como condición necesaria para os contos máxicos ou míticos. Finalmente, valoraremos as diferentes escollas no caso dunha tradución, alicerzando o noso criterio no respecto polo polisistema da lingua meta.


Alba Rodríguez Saavedra é tradutora, editora técnica e integrante do Grupo de Investigación en Tradución e Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo. A súa tese, dirixida polo profesor Alberto Álvarez Lugrís, analiza a tradución e paratradución das entidades femininas senlleiras nas tradicións orais galega e irlandesa. En paralelo, investiga as achegas de Ruth Matilda Anderson en tradución ao sistema literario galego.






Título: Mouras e fairy women. O feminino extraordinario nas lendas galegas e irlandesas de tradición oral
Autor: Alba Rodríguez Saavedra
Tipo de trabajo: Trabajo de Fin de Máster
Universidad: Universidade de Vigo
I.S.B.N.: 978-84-125183-2-0
Colección: Faber & Sapiens
Páginas: 78
Publicación: 2022
Precio eBook: 5.00 €
Precio libro: 14.00 € (incluye eBook en compra on line)
Formato electrónico: PDF-DRM Adobe
Formato físico: papel, fresado
Tamaño: 15,50 x 21,00
Edición: 1.ª edición
Clasificación IBIC: DSM: Literatura comparada; DS: LITERATURA: HISTORIA Y CRÍTICA
Save this product for later